Última cita dos Encontros en familia o vindeiro martes 12 de decembro
O próximo martes día 12 de decembro a Guarda acolle a sétima e última sesión de Encontros en familia, nesta ocasión abordarase a “A afectación do duelo ás relaciones familiares”, proporcionando ferramentas e estratexias de comunicación para xestionar o duelo dentro da familia.
Esta proposta do Servizo de educación e apoio familiar (SEAF) pretendeu crear un espazo de reunión para achegar á cidadanía temas actuais que invitaron ao debate e a reflexión sobre o papel da familia nesta sociedade. Cun formato práctico, ofrecéronse recomendacións e orientacións ás familias, profesionais da educación e coidadores.
O obxectivo destes encontros foi fortalecer as súas capacidades e habilidades parentais e de crianza, ofrecendo pautas positivas para consolidar os vínculos familiares e garantir a protección integral das crianzas e adolescentes.
Na súa organización se tivo en conta as preocupacións e demandas das familias e profesionais do ámbito da educación e sanidade que traballan no concello de A Guarda.
En total foron 7 encontros de 90 minutos de duración dirixidos por Esteban Figueirido, psicólogo especializado en terapia familiar e Beatriz Arroyo, traballadora social clínica, psicoterapeuta e tanatóloga. O primeiro deles tivo lugar no mes de xuño, con este último de decembro finalizamos este ciclo cunha valoración moi positiva, tanto pola acollida como pola participación do público asistente.
Lugar: Casa dos Alonso (planta baixa do Concello) en horario de 19:30h a 21:00h. A entrada é libre ata completar aforo. Para máis información chamar aos teléfonos: 680 197 937 SEAF e 986 614 507 Servizos sociais.
E-mail: educadora@aguarda.es