(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Educación

    • Inicio
    • Educación
    • Un grupo de alumnos da Sangriña amosan o seu robot na Alameda durante as Festas do Monte

    Un grupo de alumnos da Sangriña amosan o seu robot na Alameda durante as Festas do Monte

    • Publicado por prensa
    • Categorías Educación, Novas tecnoloxías
    • Date 9 Agosto, 2017

    Un grupo de alumnos do IES A Sangriña, de entre 16 e 17 anos, xuntáronse fai dúas semanas para construír e programar un robot, que agora amosan e mesmo permiten dirixir a todas aquelas persoas interesadas que se acheguen á Alameda entre as 18.00 e as 20.00 horas ata este sábado.

    María González, impulsora do proxecto, tivo a idea de crear un grupo de robótica fai algo máis de dous meses, co fin de montar e programar un aparello electrónico que, dirixido de forma remota, fose capaz de moverse e superar obstáculos. Agora, e tras dúas semanas de traballo, a creación deste grupo de mozas e mozos bautizados como “Celtic Bots”, xa é unha realidade, e tan só o primeiro paso nun proxecto que agarda ser máis amplo.

    O plan de cara o novo curso pasa por aumentar o número de participantes nesta iniciativa tecnolóxica, incluíndo a alumnos e alumnas de todas as ideades e procedentes doutros centros educativos que teñan interese e capacidades en distintas disciplinas. Neste sentido, apunta María, “existe moitos prexuízos sobre o que é a robótica”, referíndose a esta como unha rama multidisciplinar na que conviven distintos campos, como “a construción, deseño, matemáticas ou a administración”, polo que perfís moi distintos teñen cabida.

    Polo de agora, todas as persoas interesadas en coñecer o primeiro traballo deste equipo poden visitar o seu circuíto instalado na Alameda, onde se poderá conducir o robot e poñelo a proba nun campo de obstáculos. Os creadores irán anotando os tempos e puntuación de cada un dos participantes, dependendo das probas e atrancos que sexan capaces de superar, de xeito que se converta nunha competición entre afeccionados.

    A actividade comezou a expoñerse onte pola tarde, espertando a curiosidade de maiores e pequenos, aínda que foron estes últimos os que amosaron de forma xeral unha maior disposición a probar o robot, para cuxa construción os alumnos contaron cun kit de robótica do IES A Sangriña.

    • Celtic Bots
    • Celtic Bots
    • Celtic Bots

    Tag:A Sangriña, Celtic bots, Robot, Robótica

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Información para os usuarios do porto e o público no espectáculo pirotécnico das Festas do Monte
    9 Agosto, 2017

    Seguinte nova

    A exposición “Arte do adentro” do colectivo SOMOSARTE xa se pode visitar no Centro Cultural
    9 Agosto, 2017

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda solidarízase coas vítimas do acoso escolar
      27 Outubro, 2025
    • Cursos de balde de informática para pequenos e grandes
      17 Setembro, 2025
    • Cursos de balde de informática e de smartphones para pequenos e grandes
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web