O VII Torneo de Nadal 3×3 de baloncesto «Vila da Guarda» admitirá inscricións ata o 4 de xaneiro
O próximo domingo 7 de decembro celebrarase no pavillón do IES A Sangriña a sétima edición do Torneo de Nadal 3×3 de baloncesto «Vila da Guarda», organizado polo club Baixo Miño Basket BMB e o Concello da Guarda, en colaboración con diferentes patrocinadores.
O evento deportivo comezará ás 10 da mañá, mais os participantes de todos os equipos deben estar no Pavillón da Sangriña a partir das 9:45 para a presentación do torneo. As inscricións dos equipos poderá realizarse neste enlace ata ás 14:30 horas do 4 de xaneiro, sen custo. O torneo ten un límite de 10 equipos, formados por un mínimo de 3 e máximo de 5 persoas. Os participantes poderán ser indistintamente masculinos, femininos ou mixtos, exXogarase en 2 grupos de 5 equipos.