(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • As visitas teatralizadas continúan mañá, tras unha primeira experiencia con boa acollida e gran afluencia

    As visitas teatralizadas continúan mañá, tras unha primeira experiencia con boa acollida e gran afluencia

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 19 Xullo, 2017

    Tralo éxito da semana anterior, este xoves 20 de xullo continúan as visitas teatralizadas na vila da Guarda, cun percorrido polo centro histórico no que se pretende amosar dun xeito ameno e diferente a historia e o patrimonio da noso pobo.

    Máis dun centenar de persoas uníronse á experiencia teatral na súa primeira saída, que tivo lugar o pasado xoves ás 21:30 horas dende a Praza da Igrexa. O itinerario, que se repetirá semanalmente, continua pola Praza do Reló, a rúa Colón, a rúa Baixo Muro, a rúa José María Lomba Peña e a rúa Malteses, ata chegar ó porto da Guarda.

    Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez da compañía Os Quinquilláns, dan vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1930 que, por mor da chegada do primeiro guardés a Porto Rico, congregan á poboación no centro da vila para gravar unha película que remitirán á sociedade guardesa en América.

    Os asistentes convértense en protagonistas do filme, no que se recollen os diferentes monumentos e lugares emblemáticos do centro da vila. Esta é, así, unha experiencia teatral divertida e participativa, na que a improvisación e a e a divulgación do noso pasado conviven. Engádese a estes elementos as actuacións musicais, coa intervencións de artistas destacados como Paco Nogueiras ou o dúo Barahunda. Estes últimos foron os encargados de amenizar a noite no porto guardés o pasado xoves e, de seguro, repetirán mañá como banda sonora da experiencia teatral.

    Esta actividade, que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2017, repetirase semanalmente durante todo o verán ata o vindeiro 7 de setembro, polo que dende o Concello da Guarda animamos á poboación local e ós visitantes que se achegan nesta época a participar nas visitas teatralizadas, que partirán da Praza da Igrexa ás 21:30 horas.

    Os actores animán á participación na gravación do filme
    Visita teatralizada no seu paso pola Praza do Reló
    Os actores amosan monumentos e lugares emblemáticos da vila
    Os actores interpretan a personaxes destacados dos anos 30
    Algúns dos asistentes participan no espectáculo
    Actuación de Barahunda no porto da Guarda

    Tag:1930, Barahunda, Os Quinquilláns, Visitas teatralizadas

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O Concello da Guarda colabora coa campaña #súmatedoasangue animando ás doazóns
    19 Xullo, 2017

    Seguinte nova

    Concello, Xunta e Atlético Guardés reúnense mañá para concretar as obras de urxencia no pavillón da Sangriña
    19 Xullo, 2017

    Tamén te poden gustar

    • O grupo Terapia de Jueves expón as súas pinturas por primeira vez na Guarda
      11 Xullo, 2025
    • Cultura no Camiño trae tres espectáculos diferentes á axenda guardesa deste verán
      10 Xullo, 2025
    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web