Xa se pode obter a Chave 365 e o certificado Covid no Concello da Guarda
• Grazas á colaboración entre o Concello da Guarda e o SERGAS, o andar baixo da Casa dos Alonso conta cunha oficina de atención
• O horario de apertura da oficina é luns a venres de 8.30 h a 12 h e de 12.30 a 14.30 h.
O Concello da Guarda conta xa cunha oficina para tramitar a Chave365 e o certificado COVID no andar baixo da Casa dos Alonso, onde se instalou unha oficina, atendida por persoal funcionario do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Antonio Lomba, alcalde da Guarda, respondeu favorablemente á solicitude feita dende a xerencia do SERGAS para poder contar cun local na vila con esta finalidade.
Os veciños da Guarda e concellos limítrofes poden achegarse ate este punto, no andar baixo da Casa dos Alonso, para solicitar a alta na Chave 365, o que permite o acceso ao certificado covid, e á aplicación E-Saúde con seguridade alta. As persoas interesadas poden amais obter unha copia impresa, no caso de precisalo, do seu certificado COVID.
O horario de apertura da oficina é luns a venres de 8.30 h a 12 h e de 12.30 a 14.30 h.
O servizo prestarase inicialmente até o 31 de Agosto pero poderá ser prorrogado de ser necesario.
Tag:A Guarda, certificado covid, chave365, sanidade, SERGAS