(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Sen categoría

    • Inicio
    • Sen categoría
    • XI Festival de Bandas Vila da Guarda e Festa de San Roque: a música como protagonista na fin de semana

    XI Festival de Bandas Vila da Guarda e Festa de San Roque: a música como protagonista na fin de semana

    • Publicado por prensa
    • Categorías Sen categoría
    • Date 17 Agosto, 2017

    O verán continúa na Guarda cunha programación cultural para todos os públicos durante a fin de semana, coa celebración da tradicional Festa de San Roque e unha nova edición do Festival de Bandas “Vila da Guarda”. Ademais, esta noite continúan as visitas teatralizadas polo casco histórico da vila, namentres este sábado e domingo repetiranse as visitas guiadas ó Monte Santa Trega.

    Mañá venres dará comezo a Festa na honra de San Roque na parroquia de Salcidos, coa celebración dunha churrascada amenizada polo Dúo D3 a partir das 21.00 horas. A romaría continuará o sábado, co pasacalles a cargo de Treboada Baixo Miño e, xa pola noite, a gran verbena coa actuación das orquestras Capitol e Yucatán.

    Tamén o sábado, no Auditorio de San Bieito, terá lugar o XI Festival de Bandas “Vila da Guarda”. O concerto comezará as 20.00 horas e contará coa participación de dúas bandas galegas con moita tradición no noso país: a ourensá “A Lira de Ribadavia” e a Banda de Música de Chantada (Lugo), amais da Agrupación Musical da Guarda, organizadora do evento.

    O domingo, derradeiro día das Festas de San Roque, celebrarase a misa na honra do santo, precedida pola presentación da Agrupación Musical de Taboexa na Praza do Coruto. Despois do acto relixioso, a agrupación ofrecerá un concerto no recinto das festas e, xa pola tarde, será a quenda das tradicionais poxas e a actuación dun grupo musical que porá fin aos tres días de celebración na parroquia guardesa.

    Outras actividades semanais

    Para coñecer dun xeito diferente e entretido a nosa vila e a súa historia, esta noite continúan as visitas teatralizadas da man da compañía Os Quinquilláns polo casco histórico, con saída dende a Praza da Igrexa ás 21.00 horas.

    As visitas guiadas ó Monte Santa Trega tamén se repetirán este sábado e domingo, con saídas dende o MASAT ás 12.30 e ás 17.00 horas. O percorrido, de 90 minutos de duración, inclúe unha visita ó Museo Arqueolóxico e ó Castro de Santa Trega.

    Para completar o coñecemento sobre o noso monte, a historia do primeiro museo arqueolóxico de Galicia e a importancia do legado da Sociedade Pro-Monte, compre visitar a exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT”, que permanecerá aberta en horario de mañá (12.00 a 14.00 horas) e tarde (19.00 a 22.00 horas) ata o sábado, namentres o domingo poderá visitarse en horario de mañá.

     

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Máis de 500 persoas xa visitaron a exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT”
    17 Agosto, 2017

    Seguinte nova

    O persoal de socorrismo, o GES e o Pesca realizaron simulacros de rescate na praia do Muíño
    17 Agosto, 2017

    Tamén te poden gustar

    • Comunicado do Concello da Guarda sobre a retirada da Bandeira de Palestina do mástil localizado no facho do Monte Sta. Trega
      28 Maio, 2025
    • A Guarda prepara xa o seu V Ciclo Medioambiental Sostendo o futuro
      21 Maio, 2025
    • Renovado o firme do Camiño Ceña Vella polos fondos da Xunta coa UE
      15 Maio, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web