XORNADA DE FÚTBOL GAÉLICO NA GUARDA
Este venres, día 31 de xullo, celébrase na Guarda unha xornada de “Fútbol Gaélico”. O obxectivo deste evento é facer unha demostración e ensinar ós veciños e veciñas da localidade, e tamén ós múltiples visitantes, este deporte tan pouco coñecido.
A xornada deste deporte, que pode parecerse ó fútbol pero no que usan tanto as mans como os pés, celebrarase tanto pola mañá como pola tarde no Campo Municipal da Sangriña.
Así, a mañá estará adicada a práctica de deporte entre pais, nais e fillos. De 11 a 12 horas haberá unha explicación de como se xoga, de 12 a 13 horas, uns partidos de proba e de 13 a 14 horas o terceiro tempo.
Pola tarde, a actividade está destinada a maiores de 16 anos. Así, de 18 a 19 horas haberá unha explicación de como se practica este deporte e as diferentes normas, de 19 a 20 horas uns partidos de proba e espérase que de 20 a 21 horas poida xogarse un partido de exhibición.
Dende as 21 horas en adiante se celebrará o terceiro tempo.
A actividade está aberta a todo o público e non fai falla unha inscrición previa. Todo aquel que precise máis información pode dirixirse directamente ó Concello ou poñerse en contacto a través da dirección deporte@aguarda.es.