Xornada de portas abertas de Beach Tennis este sábado día 23 no Codesal
Entre a variada oferta de lecer que acollerá esta vindeira fin de semana a localidade da Guarda, destaca para os máis deportistas a Xornada de Portas Abertas de Beach Tennis.
Entre a variada oferta de lecer que acollerá esta vindeira fin de semana a localidade da Guarda, destaca para os máis deportistas a Xornada de Portas Abertas de Beach Tennis.
Esta actividade, que terá lugar o sábado 23 de xullo no Codesal, permitirá que todos aqueles que o desexen descubran este apaixonante e aínda moi descoñecido deporte. Para isto se celebrará un “todos contra todos” por parellas a partir das 11 da mañá. As inscricións son gratuítas e poden realizarse enviando un correo electrónico a deporte@aguarda.es
O Concello da Guarda invita a todos os veciños, veciñas e visitantes a unirse a unha xornada que busca dar a coñecer un deporte á vez que animar a practicar actividade física ó aire libre aproveitando o bo tempo que parece acompañará a vila estes próximos días