(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • ITV na Guarda
    • Farmacia de garda
    • Renovación DNI
    • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • Artistas e hostaleiros amosan as súas creacións na presentación da ruta «Petiscos con arte»

    Artistas e hostaleiros amosan as súas creacións na presentación da ruta «Petiscos con arte»

    • Publicado por prensa
    • Categorías Turismo
    • Date 16 Novembro, 2017
    • Comentarios 0 comentarios

    Esta mañá, o salón de exposicións do Centro Cultural acolleu a presentación da ruta «Petiscos con arte», unha iniciativa na que se mesturan a arte e a gastronomía guardesa en pequeno formato. No acto, representantes dos establecemento e artistas participantes amosaron unha mostra das obras artísticas e degustacións das que se poderá gozar dende mañá, 17 de novembro, e durante os próximos días 18, 19, 24, 25 e 26 de novembro.

    Presentación da nova ruta

    A concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, foi a encargada de dar comezo á presentación do novo percorrido gastronómico agradecendo a implicacións das 15 cafeterías e restaurantes nesta iniciativa, que permitirá ás veciñas, veciños e visitantes gozar da nosa gastronomía en forma de petiscos a un prezo de 1,5€ a unidade.

    A concelleira presentou o vídeo promocional desta ruta, no que se pode contemplar unha parte das exposicións de fotografía, pintura e escultura que se poderán  contemplar durante esta última quincena de novembro nos locais participantes.

    Pola súa parte, o alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, aproveitou o acto para agradecer a participación e o compromiso dos artistas e hotaleiros participantes. “Hai unha característica común ás sociedades que menos rápido se desenvolven e outra común ás que o fan máis rápido. Nas primeiras, cando alguén emprende un proxecto e despunta, é obxecto de críticas. No segundo caso, son obxecto de ánimo e aplauso”, expuxo o rexedor local. Nesta liña, asegurou Lomba, “tedes o noso aplauso pola vosa actitude emprendedora e proactiva”.

    O alcalde quixo dar os parabéns, tamén, ao departamento de Turismo polo seu traballo e esforzo organizativo, así como ao departamento de Comunicación pola dedicación na súa difusión. “Sabedes que sempre nos ides a ter ao voso lado para traballar xuntos; para crecer xuntos” concluíu Lomba.

    Características da ruta

    As persoas interesadas en realizar o percorrido gastronómico e artístico dispoñen xa dun folleto informativo no que se recollen todos os establecementos participantes, cunha fotografía e descripción do petisco ofertado e unha breve referencia ao artista e ás obras que se poderán contemplar en cada local.

    • Ruta gastronómica "Petiscos con arte"
    • Ruta gastronómica "Petiscos con arte"
    • Ruta gastronómica "Petiscos con arte"

    O percorrido gastronómico celebrarase os venres, sábados e domingos desta segunda quincena de novembro comezando este venres, 17  de novembro, e ata o próximo domingo, 26 de novembro. Os petiscos poderán degustarse de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas.

    Cada participante na ruta en calidade de comensal recibirá unha papeleta coa que poderá participar no sorteo de 5 lotes de viño albariño da Adega Gran Novás, colaboradora nesta iniciativa gastronómica. Para participar no sorteo, que se celebrará o próximo 29 de novembro, soamente será necesario degustar un petisco e, posteriormente, cubrir e depositar o boleto debidamente cumprimentado nos buzóns dispoñibles en cada un dos locais participantes.

    Asistentes ao acto de presentaciónn

    Ao acto asistiron os artistas Carlos Pascual, Charo Trigo, Elena Cividanes, Teresa Dorado, Naa Martinez, Anxo Ferreira e Mercedes Doval, cada un deles acompañado dunha das obras que se poderán contemplar nos locais. Por parte dos establecementos participantes, asistiron representantes do bar Cramoeiro, a cafetaría Novo Bar, e os restaurantes O Cangrexal, Xantar e Xeito, cada un deles cunha mostra do seu petisco.

    Deste xeito, apoiaron coa súa presenza o comezo desta nova iniciativa gastronómica e artística, coa que se busca dar unha maior visibilidade ao traballo que realizan os hostaleiros guardeses na promoción da gastronomía, e aos artistas locais e da nosa contorna, amosando o talento e o arte na nosa vila.

    • Presentación da ruta gastronómica "Petiscos con arte"
    • Presentación da ruta gastronómica "Petiscos con arte"
    • Charo Trigo (en Xeito)
    • Naa Martínez (en Marbella)
    • Bea Peixoto (en Alameda)
    • Eva García (en Kanellas)
    • Iago Alonso (en As Pozas)
    • Elena Cividanes (en Avenida)
    • Teresa Dorado (en O Cangrexal)
    • Anxo Ferreira (en Novo Bar)
    • Mercedes Doval (en Xantar)
    • Presentación da ruta gastronómica "Petiscos con arte"
    • Pintura de Silvia Represas (en Cramoeiro)
    • Carlos Pascual (en Art Café) 

    Tag:arte, Cafetarías, Centro Cultural, Escultura, Fotografía, Petiscos con arte, Pintura, Restaurantes, ruta gastronómica

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda participa en Fairway, o Foro sobre o Camiño de Santiago con presenza internacional
    16 Novembro, 2017

    Seguinte nova

    Gastronomía, cultura e homenaxe á «Marea Branca»: protagonistas da fin de semana na Guarda
    17 Novembro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • O monte Santa Trega amplía a oferta de visitas guiadas
      O monte Santa Trega amplía a oferta de visitas guiadas
      31 Maio, 2023
    • A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará con feira de artesanía
      26 Maio, 2023
    • Novas datas para as Andainas A Guarda – Caminha Primavera 2023
      18 Maio, 2023

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web