(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • Gastronomía, cultura e homenaxe á «Marea Branca»: protagonistas da fin de semana na Guarda

    Gastronomía, cultura e homenaxe á «Marea Branca»: protagonistas da fin de semana na Guarda

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Turismo
    • Date 17 Novembro, 2017
    • Comentarios 0 comentarios

    O Concello da Guarda ofrece esta fin de semana bo número de actividades para gozar do tempo de lecer na nosa vila. Así, hoxe comeza a ruta «Petiscos con Arte» e á noitiña poderemos desfrutar do mellor cine  dramático coa proxección de «Sully». O sábado terá lugar unha charla sobre alimentación saudable para mulleres e, o domingo, organízase unha sentida homenaxe á «Marea Branca», coincidindo co décimo quinto aniversario do afundimento do Prestige.

    Gastronomía, arte e cultura

    Este mediodía comezou a nova ruta gastronómica «Petiscos con arte», na que participan os seguintes establecementos hostaleiros: Cafetería Alameda, Cafetería Art Café, Tasca As Pozas, Xamonería Avenida, Bocatería Brétema, Bar Cramoeiro, Cafetería Kanellas, Tapería La Casilla, Restaurante La Pizzicata, Bocatería Marbella, Cafetería Novo Bar, Restaurante O Cangrexal, Vinoteca Terra Verde, Restaurante Xantar e Restaurante Xeito. En todos eles poderemos probar pequenas degustacións da nosa gastronomía a un custe único de 1,50 € (bebida non incluída), mentres contemplamos as exposicións de obras pictóricas, escultóricas e fotográficas de diversos artistas locais e da contorna.

    A ruta poderá completarse nestas dúas últimas fins de semana de novembro, de venres a domingo, e en horario de 12 a 14 h e de 18 a 21 h. Entre todos os participantes sortearanse 5 lotes de albariño Gran Novás, adega colaboradora na Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

    Esta noitiña, ademais, poderemos gozar dunha nova entrega do  ciclo  “Cinema de outono” coa proxección da película «Sully» no Centro Cultural. Trátase dun drama baseado na historia real do piloto aéreo Chesley «Sully», convertido en heroe no ano 2009 tras lograr unha aterraxe de emerxencia sobre o río Hudson. A cita será ás 21 h.

    Mañá sábado temos unha nova charla dentro do ciclo «Cóidate, muller!», organizado pola Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda. Nesta ocasión, contaremos coa intervención da Técnica Superior en Dietética, Conchi Adrover Pacheco, que falará sobre «Alimentación saudable para mulleres», a partir das 20 h no Centro Cultural.

    Homenaxe á Marea Branca

    Como remate ás actividades programadas durante a fin de semana, este domingo celebrarase unha homenaxe aos voluntarios e voluntarias da «Marea Branca», que fai agora quince anos axudaron a limpar as nosas costas tralo afundimento do petroleiro Prestige. Ás 12:30 h, no Mirador de Fonte Quente, encontrarémonos co alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba; o membro de Greenpeace e voluntario, Alejandro Vilela; e o autor do monumento e impulsor da iniciativa, Xabier Garrido.

    Por motivos de saúde, a intervención do ex-patrón maior da Confraría de Baiona (Suso López) anunciado inicialmente, será substituído polo presidente da asociación medioambiental ANABAM, Agustín Ferreira.

    O acto acompañarase coa interpretación de varias pezas a cargo dos grupos O Trebón dos Xidos e A Boalleira, e coa exposición dunha pancarta elaborada polos alumnos de terceiro curso de primaria do CEIP As Solanas, baixo a coordinación da mestra Olga Rodríguez Vicente.

    • Coidate, muller!
    • Ruta gastronómica "Petiscos con arte"
    • Homenaxe A Marea Branca

     

    Tag:cine, cultura, gastronomía, Marea Branca, Ocio, Petiscos con arte, Sully

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Artistas e hostaleiros amosan as súas creacións na presentación da ruta «Petiscos con arte»
    17 Novembro, 2017

    Seguinte nova

    O Concello promove un obradoiro de decoración de Nadal para o comercio e o público en xeral
    18 Novembro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • Outubro Abre A Programación Cultural Na Guarda Da Man De Dos Grandes Filmes Galegos “Valentina” E “O Corpo Aberto” Copia
      Outubro abre a programación cultural na Guarda da man de dos grandes filmes galegos “Valentina” e “O Corpo Aberto”
      4 Outubro, 2023
    • Fin de semana cargado de propostas culturais para pechar o mes de setembro na Guarda
      Fin de semana cargado de propostas culturais para pechar o mes de setembro na Guarda
      28 Setembro, 2023
    • A Guarda acolle este venres a presentación da nova curta do guardés Nani Matos
      A Guarda acolle este venres a presentación da nova curta do guardés Nani Matos
      28 Setembro, 2023

    Deixa un comentario Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xeráis
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web