A Escola Infantil Municipal da Guarda conta cunha praza vacante na aula de 0-1 anos
O departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa de que a Escola Infantil Municipal abirrá o próximo día 12 de xaneiro 2018 un proceso extraordinario para cubrir 1 praza vacante a media xornada de tarde na aula de 0-1 anos de idade.
Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude entre os días 11 e 17 de xaneiro. As persoas interesadas poderán dirixirse ao departamento de Servizos Sociais para solicitar máis información, en horario de 9.00 a 14.00 horas.