5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente
Hoxe, 5 de xuño, celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Este día naceu co obxectivo de crear conciencia no mundo sobre os problemas que afectan á natureza, e animar ás persoas, empresas e gobernos a actuar para protexela.
Un dos obxectivos fundamentais é educar aos nenos e mozos sobres a importancia de coidar o medio ambiente. Canto antes se aprenda a respectar e valorar o planeta, maiores serán as posibilidades de construír un futuro sostible para todos.
Este ano o lema céntrase nos plásticos, pois os microplásticos están a ser atopados en seres vivos e ata nos seres humanos. Pequenos actos como separar ben os residuos e deixalos correctamente no contedor, pode evitar que estes rematen no mar pola acción do vento ou de animais.
Con isto en mente, o Concello da Guarda arranca este sábado a primeira actividade do V Ciclo Medio Ambiental Sostendo o Futuro co espectáculo de Caxoto titulado “Miña terra, meu lar”.
Trátanse de contos ambientais dirixidos a un público familiar e infantil, entre os 4 e 10 anos. A actividade comeza o sábado 7 de xuño ás 20:00h no Centro Cultural.