Convocatoria de Pleno Ordinario este venres na Guarda
DATOS DA CONVOCATORIA
Tipo Convocatoria: Ordinaria
Data e hora: 25 de marzo de 2022 ás 20:00
Lugar: Casa do Concello
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
1. Aprobación das actas das sesións extraordinarias (27.11.2021, 11.01.2022, 19.01.2022, 11.02.2022 e 11.03.2022) e da sesión ordinaria de data 28.01.2022.
2. Expediente 789/2022. DAR CONTA DOS DECRETOS DESDE O 16.01.2022 ATA O 15.03.2022.
3. Expediente 790/2022. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN.
4. Expediente 2336/2017. DAR CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PERÍODO MEDIO DE PAGO DO CUARTO TRIMESTRE 2021.
5. Expediente 359/2022. RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS 3/2022.
6. Expediente 431/2022. Declaración de interese público ou utilidade municipal da obra consistente na reforma da Fase 5ª de renovación do centro da Asociación San Xerome Emiliani.
7. Expediente 346/2022. PROPOSTA DA FEMP PARA A ADHESIÓN Á “DECLARACIÓN DE VALLADOLID: EL COMPROMISO DE LAS CIUDADES POR LA ECONOMÍA CIRCULAR”.
8. Expediente 83/2022. ELECCIÓN XUÍZ DE PAZ.
9. Expediente 632/2022. Moción presentada polo grupo municipal Socialista para a adhesión do concello da Guarda á declaración conxunta sobre o programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2021-2027 e a priorización dos territorios reais de fronteira.
10. Expediente 640/2022. Moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre o apoio ás mobilizacións feministas do 8 de Marzo e a demanda dos compromisos pendentes.
11. Expediente 642/2022. Moción presentada polo grupo municipal do PSOE sobre o 8M.
12. Expediente 726/2022. Moción presentada polo grupo municipal do PSOE sobre a reparación do peirao do ferri da Pasaxe.
13. Expediente 753/2022. Moción presentada polo grupo municipal do BNG sobre a comunicación A Guarda-Caminha.
14. Expediente 781/2022. Moción presentada polo grupo municipal do BNG e relativa ás actuacións que deben impulsar os gobernos galego e central para mitigar o impacto do medre disparado da inflación na sociedade e economía galegas.
15. ROGOS E PREGUNTAS