A Aula CeMIT da Guarda informa da apertura do prazo para obter a certificación CODIX
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten previsto abrir o XOVES 03 de XUÑO o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recollerá na convocatoria que ten previsto saír publicada o próximo mércores 02 de xuño no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de novembro.
Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame -ou xustificar a súa exención-, tendo preferencia as persoas que non se matricularan na edición inmediatamente anterior desta actividade formativa convocada no pasado mes de setembro.
O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.
Toda a información no seguinte enlace:
https://cemit.xunta.gal/gl/node/8069
Tag:A Guarda, aula cemit, certificacion, codix, Cursos, exames