Entra en vigor o rexistro galego de informes de avaliación dos edificios
O pasado 20 de abril publicouse no DOG o decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o rexistro galego de informes de avaliación dos edificios, que entrou en vigor o 20 de maio. O informe de avaliación é un documento que acredita o estado de conservación do edificio, avalía a súa accesibilidade universal e informa sobre a súa eficiencia enerxética.
De acordo con este decreto as comunidades de propietarios ou as persoas propietarias de edificios de uso residencial de vivenda colectiva cunha antigüidade de 50 anos, teñen un ano para presentar o informe de avaliación no concello. O E. Ademais, como órgano competente, deberá realizar a inscrición dos informes presentados, no rexistro de informes de avaliación dos edificios.
O IGVS elaborou unha ferramenta informática para a inscrición dos informes e para a súa xestión, REGIAE, que dispón dun módulo de exportación de datos para a xeración de informes e listados.
A aplicación estará dispoñible en https://regiae.xunta.gal