(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda chega esta fin de semana a súa XXVIII edición

    A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda chega esta fin de semana a súa XXVIII edición

    • Publicado por prensa
    • Categorías Turismo
    • Date 5 Xullo, 2018
    O Concello da Guarda acolle dende este venres día 6 de xullo a XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia.

    O Concello da Guarda acolle dende este venres día 6 de xullo a XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento gastronómico que conta cunha gran traxectoria ofertará un total de 24 pratos da cociña mariñeira ademais de sobremesas, acompañados dos caldos da Subzona do Rosal da D.O. Rías Baixas.

    Esta recoñecida festa ofrece a langosta enteira a 25 €, e unha ampla representación dos produtos do mar de Galicia, tales coma, percebes, nécoras, calamares, chipiróns, navallas, langostinos, mexilóns, vieiras, polbo… con prezos populares que van dende os 4 ata os 13€. Unha boa oportunidade para degustar a ampla oferta de produtos do mar de Galicia.

    O Concello da Guarda acolle dende este venres día 6 de xullo a XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia.

    Coma non podería ser doutra maneira, un bo xantar ou cea debe acompañarse cuns bos viños e unha boa sobremesa, para elo contamos cos viños Albariño Gran Novás e Rosal Señorío da Torre, ámbolos dous da Subzona do Rosal da D.O. Rías Baixas. Na sobremesa destaca a Rosca de Xema, postre típico da Guarda será o protagonista, xunto con outros doces como a Tarta Santa Trega, atalaias doces, filloas,…

    Programación variada e para todas as idades

    Venres 6 de xullo:

    A XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira terá inicio o venres 6 de xuño co acto de lectura do pregón na Praza do Reló ás 21:00h, que nesta edición recae no recoñecido actor, humorista e cantante galego Nancho Novo. Intervirán tamén o Alcalde da Guarda e representantes da Deputación de Pontevedra.

    O actor, humorista e cantante galego Nancho Novo, será o responsable de dar o pregón da XXVIII Festa da Langosta e da Cocina Mariñeira este venres día 6 de xullo a partires das 21:00h na Praza do Reló da Guarda.

    Ás 22:00h as autoridades, convidados, veciños e visitantes trasladaranse ata o Porto para a apertura oficial da carpa e o inicio desta XXVIII edición. Esa mesma noite ás 22:30h Nancho Novo fará unha actuación na carpa do Porto, presentando o seu espectáculo “El Cavernícola”, obra que trata sobre o modo no que se relacionan os homes e mulleres, unha versión da mítica obra de Broadway que leva máis de 1200 funcións con grande éxito no Teatro de Madrid. E xa para rematar esta primeira xornada sobre as 23:30h terá lugar un serán mariñeiro no que participarán varios grupos tradicionais da Guarda e a súa contorna.

    Sábado 7 de xullo:

    Na xornada do sábado 7 de xullo, a xornada terá inicio ás 10:00h das mañá cun pasarrúas a cargo do grupo tradicional A Boalleira, que voltará a actuar ás 11:00h na apertura da Carpa para esta xornada no porto da Guarda.

    Ás 12:00h celebrase a XXIII edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega a máis dun cento de nadadores e que competirán en 12 categorías diferentes, a entrega de premios realizarase a partires das 13:00h.

    Ás 13:00h o Grupo de pop-rock Acevendos Delgados fará unha actuación musical para amenizar o inicio do xantar na carpa do porto, onde se prevee unha gran acollida de comensais ao igual que en pasadas edicións. Xa pola tarde os máis pequenos terán a oportunidade de gozar coas instalacións de inchables acuáticos, para os que recomendamos traer bañador e toalla, o seu horario será de 17:00h a 20:00h.

    Ás 19:30h terá lugar un espectáculo de maxia a cargo de Valeria Varitas.

    Ás 21:00h na carpa do Porto o cómico e monologuista Oswaldo Digon realizará unha actuación baseada nas experiencias do día a día, historias que ten escoitado e que a cotío suceden a maioría de nós.

    A actuación de MITIC está programada para as 23:00h da noite do sábado 7 de xullo no Porto da Guarda, cun potente espectáculo musical onde a gaita é a protagonista acompañada doutros instrumentos de vento, corda e percusión. Máis de 15 músicos ofrecerán un concerto no exterior da carpa cunha proposta diferente onde reinventan aos clásicos do rock e do pop con versións de AC/DC, Cómplices,…

    A XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que se celebra na Guarda do 6 ao 8 de xullo contará cunha intensa programación.

    Domingo 8 de xullo:

    A xornada do domingo 8 de xullo terá inicio ás 10:00h das mañá co pasarrúas a cargo do grupo tradicional A Boalleira, que voltará a actuar tamén ás 11:00h na apertura da carpa para esta xornada no porto da Guarda.

    Ás 12:00h o Grupo de pop-rock Acevendos Delgados fará unha actuación musical para amenizar o inicio do xantar na carpa do porto, e tamén a esa mesma hora terá inicio o obradoiro infantil de Mini-chef, onde os máis pequenos poderán participar na creacións e pratos e traballar na cociña.

    Ás 13:00h o cómico Roi Borrallas ofrecerá un espectáculo de cómico para a mocidade e adultos, unha velada de maxia e diversión amenizando o xantar aos asistentes contando coa súa complicidade, seguido dunha segunda actuación de Acevendos Delgados ás 13:45h.

    Xa pola tarde entre as 17 e 20:00h os máis pequenos terán novamente a oportunidade de gozar coas instalacións de inchables acuáticos, non esquezades o bañador e a toalla.

    Ás 19:00h Peter Punk e Brais das Hortas realizarán un concerto de Punkinfantil.

    Como peche da festa, a partires das 20:30h terá lugar a Noite de Fados, coa actuación estelar de Celina da Piedade, recoñecida artista portuguesa que ofrecerá unha viaxe pola música tradicional portuguesa co seu acordeón.

    A XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que se celebra na Guarda do 6 ao 8 de xullo contará cunha intensa programación.

    Durante toda a fin de semana A Guarda ofrecerá visitas guiadas á Rede de Museos, formada polo Museo do Mar, o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega, haberá unha gran feira de artesanía e tamén disporase dunha pantalla xigante para o seguimento dos partidos do Mundial de Fútbol.

    O Concello da Guarda acolle dende este venres día 6 de xullo a XXVIII edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa de Interese Turístico de Galicia.

    Tag:A Guarda, Festa da Langosta, gastronomía, programación, turismo, xxviii festa da langosta

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda fai un chamamento á concienciación sobre a limpeza pública e a recollida do lixo
    5 Xullo, 2018

    Seguinte nova

    Excelente acollida na primeira visita teatralizada na Guarda
    6 Xullo, 2018

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda afianza a execución do seu Plan de Sustentabilidade Turística (PSTD)
      8 Maio, 2025
    • Unha programación chea para esta Semana Santa
      9 Abril, 2025
    • O Concello da Guarda organiza catro andainas para este 2025
      13 Marzo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web