A Guarda acolle este xoves a Charla «Tempo de Saúde» coa Dra. Olga Villar
O vindeiro xoves día 25 de outubro ás 12:30h o Centro Cultural da Guarda acolle a Charla «Tempo de Saúde», impartida pola doutora Olga Villar Moreira.
Esta charla formativa, aberta a todo o público, realízase grazas ao Convenio de colaboración existente entre o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, para desenvolver unha serie de actividades formativas impartidas por profesionais da medicina destinadas á xuventude, a terceira idade e a asociacións e entidades de iniciativa social.
No caso da Guarda, o xoves realizarase unha charla que está dirixida principalmente á xuventude guardesa, e onde se abordará a «Nutrición e saúde, Trastornos alimentarios», unha actividade que terá unha hora de duración e que rematará cun coloquio-debate coas persoas asistentes.