A Guarda iniciará a licitación da concesión de 7 postos da Praza de Abastos
O pasado xoves día 18 de outubro celebrouse a Xunta de Goberno local na que se acordou o inicio da tramitación para a licitación da concesión dos postos baleiros da Praza de Abastos da localidade.
Neste senso se licitará a concesión dos postos 1, 2, 12 e 15 da planta baixa e dos postos 5, B e D da planta alta.
Nestes momentos estanse a redactar os priegos de condicións para a concesión destes postos, que serán anunciados en próximas datas.
O Concello da Guarda segue apostando pola dinamización do Mercado Municipal da Praza de Abastos realizando diferentes obras de mantemento e mellora destas instalacións, promovendo tamén a incorporación de novos postos de venda, ampliando a oferta de produtos e servizos deste espazo comercial do casco urbano do municipio.