A Guarda celebra o seu desfile de Entroido este venres
Este venres 14 de marzo, o Desfile de Entroido percorrerá as rúas da Guarda.
Unha semana despois do previsto (debido á chuvia), A Guarda desfrutará do Desfile de Entroido, que partirá da Esquina Famosa ás 20:30h ata chegar á Alameda.
Máis de 650 persoas participarán no desfile a Asociación Cultural Xida, a Asociación Políticamente Incorrectos, o Centro Social Fuscalho e dous grupos: un co tema “Circus show” e outro coa temática “Castelao visita as escolas de Fornelos”.
Tamén traerán carrozas e disfraces o Centro Veciñal e Cultural de Valladares, a Asociación de Veciños de Beade, a Asociación Cultrual Pontellas, a escola de danza Ldanzia de Gondomar, a Asociación Carnavales de Mañufe, a comparsa Ciklón e a comparsa Talismán.
Ao remate do desfile, na Alameda comezará a festa con Dj Charlie, Darío GZ, Adrián Mesu e Christian Pereira.