A Guarda incorpora dous Auxiliares de Policía Local para a campaña de verán
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, deu a benvida este venres día 1 de xullo pola mañá ós dous auxiliares de Policía Local que foron incorporados á plantilla da Policía Local da vila ese mesmo día.

Os novos auxiliares, ambos naturais da Guarda, chegan tras prepararse para acadar o Certificado de Auxiliar de Policía Local e facer un exame.
Esta incorporación busca axudar e reforzar a campaña de verán, na que o traballo aumenta coa época das festa tradicionais populares e cunha maior actividade ó aire libre. Os auxiliares estarán dende este mes de xullo ata o final do ano, no mes de decembro.