A Guarda informa ás peixeiras sobre as axudas FEMPA
Ao final da mañá de onte, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, acompañou á xerente do GALP Ría de Vigo – A Guarda, Elena, á Praza de Abastos da Guarda.
Alí as peixeiras da Guarda recibiron información sobre as axudas e subvencións FEMPA ás que poden optar para a renovación dos seus equipos de traballo: furgóns, básculas, iluminación…
Ademais, o GALP deulles un agasallo a estas mulleres traballadoras: un mandil e un termo para o seu día a día.