O Concello da Guarda fórmase en protección de datos
Esta mañá, o persoal do Concello da Guarda, desde a Policía Local ata o equipo de goberno, asistiu a unha charla formativa sobre a Protección de datos no ámbito da Administración Pública.
Con esta formación e coas medidas que se irán adoptando nas próximas semanas, os datos de cidadáns, traballadores e do propio Concello contarán con maior seguridade no seu tratamento e cumprindo de forma adecuada a Lei Orgánica de Protección de Datos.