A Guarda reúne a comisión de seguimento da COVID-19 diante da complicada situación sanitaria na localidade
O alcalde da conta aos compoñentes da comisión da grave situación sociosanitaria debido a evolución das infeccións nos últimos días e trasládalle a necesidade de intensificar as medidas de prevención
A Guarda a 5 de novembro de 2019. Dende fai uns días A Guarda atópase no nivel tres de infeccións por COVID-19. Este é o nivel de alerta máximo que contempla a Xunta de Galicia na súa valoración.
Dende que foi declarado este nivel de alerta a evolución dos contaxios foi moi negativa, chegando a día de hoxe aos 60 casos. Esta é unha situación moi preocupante para os responsables municipais que ven como día a día aumentan os contaxios de forma descontrolada.
A comisión de seguimento revisou os protocolos do servizo de axuda no fogar e reactivou o servizo de axuda a familias confinadas. Así mesmo a comisión concluíu que é impresdincible que toda a cidadanía, organizacións e empresas, sigan celosamente a normativa do Goberno da Nación, da Xunta de Galicia, e as recomendacións do concello respecto das medidas restritivas de prevención da pandemia, para poder reverter esta situación de incremento dos contaxios.
É necesario que se sigan as recomendacións das autoridades sanitarias. Se unha persoa ten síntomas de COVID-19 (tose, febre, diminución do gusto e cheiro, estremecementos…) ou ten contacto estreito cun caso positivo, debe quedar na casa e contactar cos servizos de saúde chamando ao teléfono 900400116
É imprescindible que toda a poboación extreme as medidas de seguridade individual, sobre todo o uso da máscara, distancia interpersoal e hixiene de mans. Tamén debe respectarse a normativa respecto da limitación dos contactos sociais a xuntanzas de 6 persoas non conviventes como máximo.