(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.

Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Escudo e bandeira
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
    • A nosa vila
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións e grupos

    Desenvolvemento local

    • Inicio
    • Desenvolvemento local
    • O concello da Guarda aproba a redución nun 25% da taxa de lixo ás actividades que estiveron pechadas por mor do estado de alarma

    O concello da Guarda aproba a redución nun 25% da taxa de lixo ás actividades que estiveron pechadas por mor do estado de alarma

    • Publicado por prensa
    • Categorías Desenvolvemento local, Escola Infantil
    • Date 5 Novembro, 2020
    • Comentarios 0 comentarios

    O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, amosaba no día de hoxe a súa satisfacción por ter acadado o acordo unánime da corporación municipal na proposta de alcaldía en relación coa redución nun 25% da taxa de lixo para aqueles autónomos e actividades económicas que estiveron pechadas durante o Estado de Alarma.

    Hai que sinalar que dende o concello se leva traballando nesta materia dende o establecemento do confinamento que obrigou a moitos autónomos a pechar os seus negocios. A busca centrouse na procura dunha xustificación legal que posibilitase adoptar esta medida, xa que o informe de tesourería emitido o 25 de maio do 2020 non posibilitaba poder prorratear a taxa de lixo e non cobrar polo período no que as actividades económicas non se puideron desenvolver.

    Sí se actuou sobre a taxa de auga, adaptando a estimación de consumo no caso das actividades de carácter comercial ou industrial que non puideron exercer a súa actividade segundo o Real Decreto Lexislativo 463/2020 polo que se declaraba o Estado de Alarma.

    O concello, a través do departamento de Tesourería seguiu traballando na busca dunha solución ao que se consideraba por parte do Alcalde, Antonio Lomba, e do equipo de goberno unha obriga, xa que non entendíamos como se podía cobrar cando moitas actividades non puideron recibir a prestación do servizo de recollida de lixo ao estar obrigados ao peche.

    Foron moitas as consultas a diferentes concellos na procura dunha solución posibilista que abrise á porta á modificación desta taxa de lixo. Esta mesma semana nunha reunión entre o alcalde e o tesoureiro se daban instrucións de modificación da ordenanza reguladora da taxa de lixo, despois de coñecer unha posible saída legal establecida polos técnicos da Deputación de Pontevedra. Quixeramos recoñecer que nun prazo de tempo moi curto se preparou, por parte dos servizos técnicos municipais, a documentación necesaria para poder ter esta aprobación plenaria.

    Amosar polo tanto satisfacción por ter acadado unha solución para multitude de negocios e autónomos para os cales é de xustiza esta modificación.

    A aprobación definitiva da modificación da ordenanza, dada a premura de tempo, non será posible se se presentan alegacións ao texto.

    Finalmente, para acceder a estas axudas os empresarios disporán do mes de xaneiro para presentar a documentación requirida.

    Tag:A Guarda, coronavirus, covid-19, reactivación económica, taxa do lixo

    • Compartir:
    prensa

      Anterior nova

      A Guarda reúne a comisión de seguimento da COVID-19 diante da complicada situación sanitaria na localidade
      5 Novembro, 2020

      Seguinte nova

      Toma de posesión coma concelleiro de Rafa Álvarez na Guarda
      6 Novembro, 2020

      Tamén te poden gustar

      • Comeza a obra da nova Escola Infantil do concello da Guarda
        27 Febreiro, 2021
      • O Concello de A Guarda prepara un paquete de medidas dirixidas ao comercio, servizos e hostalería da vila
        5 Febreiro, 2021
      • Apoia á hostalería da Guarda – Consume local
        29 Xaneiro, 2021

      Deixa un comentario Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Categorías

      • Cultura
      • Deporte
      • Desenvolvemento local
      • Educación
      • Educación familiar
      • Escola Infantil
      • Medio ambiente
      • Muller
      • Novas tecnoloxías
      • Outras
      • Patrimonio
      • Policía local
      • Sen categoría
      • Servizos sociais
      • Turismo
      • Urbanismo
      • Vías e obras
      • Xeráis
      • Xuventude
      • | Novas Destacadas
      • | Perfil do contratante
        • Adxudicacións definitivas
        • Adxudicacións provisionais
        • Anuncios de licitacións
        • Mesas de contratación
        • Pregos de contratación
      Logo Concello de A Guarda

      (+34) 986 610 000

      (+34) 986 610 283

      alcaldia@aguarda.es

      APP MOBIL

      Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

      Aplicación de A Guarda para IOS
      Aplicación de A Guarda para Android

      Concello

      • Diríxete ao alcalde
      • Horarios de Interese
      • Sede Electrónica

      Información

      • Asociacións e grupos
      • Teléfonos de Interese
      • Farmacia de garda

      Recomendado

      • Axenda
      • Novas

      © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

      • Aviso legal
      • Política de cookies
      • Política de privacidade
      • mapa web