Toma de posesión coma concelleiro de Rafa Álvarez na Guarda
No pleno extraordinario urxente celebrado na xornada deste xoves día 5 de novembro de 2020 tomou posesión coma concelleiro da corporación municipal Rafa Álvarez, incorporándose ao Grupo Municipal Socialista e ao equipo de goberno municipal.
Dende hoxe forma parte da corporación municipal coma novo concelleiro nas competencias de Turismo, Conservatorio de Música, Festas e Festexos populares, en substitución de Elena Baz, despois da renuncia á súa acta de concelleira por motivos persoais a principios do mes de setembro do presente ano.
Este cargo é asumido deste xeito por Rafa Álvarez Martínez, que ocupaba o sexto lugar na lista que presentou o PsdeG-PSOE nas pasadas eleccións.
Rafa Álvarez é unha persoa moi vinculada e comprometida coa vila da Guarda, destacando a súa etapa coma Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos ou a xerencia da Asociación Avelaíña, dentro dunha longa traxectoria e predisposición ao servizo público.