A PRÓXIMA SEMANA COMEZAN AS CLASES DE IOGA AO AIRE LIBRE NA GUARDA
As sesións son os martes e os xoves.
Nesta segunda quincena de agosto, todos os martes e xoves, se darán clases gratuítas de ioga ao aire libre no municipio da Guarda.
A primeira sesión terá lugar, por tanto, o martes 18 de agosto, en horario de 10,30 a 11,30 na zona do aparcadoiro do Puntal e de 20 a 21 horas no Montiño. Estes horarios se repetirán para as seguintes clases, tanto os martes coma os xoves.
Esta actividade, organizada polo Centro de ioga “Awen” e coa colaboración do Concello, está aberta o público. Polo tanto, todas as persoas interesadas en participar só terán que estar á hora no lugar marcado e levar con eles unha esteira ou unha manta.
Para máis información poden poñerse en contacto a través do número 676620247 e preguntar por Elvira ou na dirección de correo centroawenyoga@gmail.com.