A segunda edición do Interlude Fest terá lugar este sábado no Castelo de Santa Cruz da Guarda
O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a celebración da segunda edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´rolla en colaboración co Concello da Guarda.
As actividades programadas arrancarán xa dende as 11:00h da mañá con inchables e xogos para nenos e nenas, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.
Ás 20:00h da tarde arrancarán os concertos nos que actuarán os grupos: The Charrans, Elefantes Mutilados, Satxo, Stoned at Pompeii e Malkeda, unha mistura de estilos que vai dende o Punk-Rock, Metal ata o Hard-rock.
A entrada é de balde e a programación de concertos abarcará ata as 3:00h da madrugada con cantina e comida a prezos populares.
Tag:A Guarda, Festival, interlude fest, Música