A Xunta reforza o equipamento dos GES de Mos e da Guarda con furgóns de servizos varios
Trátase dun vehículo todoterreo 4×2, cun custe de 115.000 euros, que será de utilidade en primeiras saídas en intervencións, sobre todo en zonas de difícil acceso, e na extinción de pequenos incendios.
Co obxectivo precisamente de atender este tipo de incidencias vai equipado con material de sinalización e emerxencias e cun kit de material de rescate en altura. O vehículo permitirá mellorar a eficacia das intervencións na Guarda, Oia, O Rosal e Tomiño. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do programa Feder de Galicia.