Fin de semana de actividades das Guerreras na Guarda
As Guerreras desfrutaron o venres 28 dunha visita no monte Santa Trega. As xogadoras quedaron asombradas coas vistas panorámicas e mostraron interese pola historia da Guarda.
Explicáronlle a historia da Insua, do castro, das cetáreas e tamén das festas e da Sociedade Pro-Monte. Algunhas das Guerreras tamén comentaban coas súas compañeiras algunhas curiosidades que elas mesmas viviran na súa etapa como xogadoras no Mecalia Atlético Guardés. Ademais, agasallaron ao Concello cunha camiseta asinada por todas.
O sábado 29, foi o turno das firmas e do adestramento a porta abertas. Moita afección achegouse cedo para que as xogadoras lles asinaran camisetas, balóns e tamén os cartaces que preparou o Concello para esta ocasión.
Xentede todas as idades, alcalde e concelleiros e, ata as propias xogadoras quixeron gardar un recordo asinado por todas elas. Agardamos que o cariño e forza desmotradas polo pobo guardés lles sirva como enerxía para París. Ánimo, Guerreras!