Ábrese o período voluntario de pagamento da taxa por recollida do lixo do exercicio 2018
Dende o 1 de febreiro ata o 7 de abril ábrese o período voluntario de pagamento dos recibos da taxa pola recollida do lixo correspondentes ao exercicio 2018.
No caso de que algún contribuínte non recibira a carta de pagamento, pode solicitar un duplicado da mesma dirixíndose á Oficina de Xestión Tributaria ou a través da páxina web do Concello da Guarda (Accedendo a: “Normativa Municipal” > “Cartas de pagamento”). Ao tratarse de débedas de carácter periódico e notificación colectiva a non recepción no domicilio da carta non exime da obriga de pago nin da vía executiva.
Infórmase, ademáis, que a partir do 8 de abril de 2018 as débedas serán esixidas polo procedemento de prema e devengarán os recargos, xuros de demora e demáis conceptos esixibles.
Tag:Lixo, Pagamento, Período voluntario, Taxa