(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Deporte

    • Inicio
    • Deporte
    • Artes marciais e danza, grandes protagonistas das XVIII Noites Guardesas do Deporte

    Artes marciais e danza, grandes protagonistas das XVIII Noites Guardesas do Deporte

    • Publicado por prensa
    • Categorías Deporte
    • Date 18 Setembro, 2017

    O pavillón da Sangriña acolleu na noite do pasado sábado a celebración da décimo oitava edición das Noites Guardesas do Deporte, organizadas polo Centro Domajó en colaboración co Concello da Guarda.

    O evento de exhibición deportiva amosou ao público as actividades que o centro oferta durante ano e o progreso dos seus alumnos, amais de animar á práctica de taekwondo, “unha arte marcial moi versátil e aínda descoñecida por moitos”, engade o director do Centro Domajó, José Fandiño, que dende o pasado ano oferta esta disciplina.

    Para dar a coñecer as dististas modalidades de taekwondo, nesta ocasión, as Noites Guardesas do Deporte contaron coa participación dos alumnos e mestres do Club Yidam, un dos máis salientables grupos de exhibición de taekwondo acrobático de España, con sete campionatos nacionais no seu currículo.

    Así, os alumnos do club vigués, dirixidos polo mestre José Cid e a entrenadora Sandra Gardini, ofreceron un espectáculo que mesturou as modalidades da arte marcial coreana con outras disciplinas próximas ás artes escénicas, como a danza ou a ximnasia acrobática. A mostra caracterizouse pola espectacularidade e a perfecta coordinación dos seus membros, conseguindo o aplauso unánime dun público impresiosado, que mesmo se ergueu das bancadas como recoñecemento á calidade da exhibición.

    • Club Yidam
    • Club Yidam
    • Club Yidam
    • Club Yidam
    • Club Yidam
    • Club Yidam
    • José Loren
    • José Loren
    • Francisco Tilve

    Continuando coas artes marciais, o profesor e mestre do Centro Domajó, José Loren, amosou ás máis de cen persoas que conformaban o público a excución de pumses –a esencia da técnica de taekwondo- e os rompimentos espectaculares. O tai-chi tamén tivo cabida nesta noite deportiva, da man do mestre Francisco Tilve, que realizou unha mostra desta arte marcial coreografiada.

    Danza moderna e baile de salón

    As alumnas de baile moderno do Centro Domajó foron as encargadas de amosar, coas súas difernetes actuacións, esta modalidade de danza que se imparte no club guardés nas categorías infantil (6 a 11 anos) e xuvenil (12 a 19 anos).  As nenas e mozas fixeron patente o seu progreso no dominio e expresión corporal,  así como na destreza e a técnica que require a danza moderna.

    Como colofón á gran noite deportiva, os bailaríns e profesores Jose e Rosy abraiaron coa súa mostra da “bachata de cabaret”. A parella, con recoñecemento internacional en campionatos de baile de salón, ofertará a partir de outubro clases na modalidade de baile latino no Club Domajó, segundo anunciou o seu director durante o evento.

    • Danza Moderna xuvenil
    • Danza Moderna infantil
    • Jose e Rosy
    • Jose e Rosy

    O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, presidiu esta décimo oitava edición das Noites Guardesas do Deporte e, xunto coa subdirectora do Centro Domajó, Ángela Riveiro, fixo entrega dos trofeos e agasallos conmemorativos aos convidados e participantes que fixeron posible este festival. Así, o director do centro deportivo guardés quixo dedicar un agradecemento especial a súa profesora de danza moderna, Yaiza Barreiro; ao mestre de taekwondo e tai-chi, Francisco Tilve; ao mestre de taekwondo José Loren, e ao mestre e coreógrafo do Club Yidam, José Cid.

    • Alumnos e mestres do Centro Domajó e o Club Yidam, o pasado sábado no pavillón da Sangriña XVIII Noites Guardesas do Deporte
    • De esquerda a dereita: José Cid, Francisco Tilve, José Loren, Ángela Riveiro, Antonio Lomba, Sandra Gardini e José Fandiño XVIII Noites Guardesas do Deporte

    Tag:Baile moderno, Centro Domajó, Exibición, Pavillón da Sangriña, Taekwondo

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Horario do ferry A Guarda – Caminha do martes 19 ao domingo 24 de setembro
    18 Setembro, 2017

    Seguinte nova

    A Deputación de Pontevedra subvenciona a adquisición de mobiliario urbano
    20 Setembro, 2017

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda continúa coa renovación da pista multideportiva da Atalaia
      9 Xullo, 2025
    • Abre a inscrición do VII Torneo 3×3 de baloncesto Vila da Guarda
      30 Xuño, 2025
    • A escola de baile Dansá celebra o seu fin de curso cun festival este domingo
      24 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web