Carreiras Populares Festas do Monte celébranse este sábado
A Guarda acolle este sábado día 3 de agosto a partires das 19:00h as tradicionais Carreiras Populares das Festas do Monte, un evento deportivo organizado dende Atletismo Trega en colaboración coa Comisión de festas e o Concello da Guarda.
As Carreiras Populares das Festas do Monte congregan a centros de corredores e deportistas con varias categorías de competición en función das datas de nacemento e en distancias, que van dende os 100m para a categoría de pulgas e ata os 7.339m para os máis maiores, que consistirá nunha volta ao Monte Santa. Trega.
As inscricións están abertas ata o xoves 1 de agosto ás 23:59h a través da web www.laptime.es sendo posible ampliar máis información contactando no mail trega@trega.es ou inscricion.trega@gmail.com.
Tag:A Guarda, Atletismo, carreiras, Deporte, Festas do Monte