Comunicado do concello da Guarda pola situación sanitaria por COVID-19
A día de hoxe A Guarda continúa no nivel tres de infeccións por COVID-19. Este é o nivel de alerta máximo que contempla a Xunta de Galicia na súa valoración.
Nas últimas semanas a evolución dos contaxios foi moi negativa, chegando a día de hoxe aos 68 casos activos confirmados por sanidade. Aínda que nos últimos días diminuíron sensiblemente o número de contaxios diarios respecto da semana pasada, esta segue a ser unha situación moi preocupante para todos nós.
Para que esta situación empece a reverter, dende o concello pedimos a toda a poboación que extreme as medidas de seguridade individuais, sobre todo o uso de máscara, distancia interpersoal e hixiene de mans. Tamén pedimos que, na medida do posible, se limiten os contactos sociais os próximos días.
A única maneira de controlar estra situación é coa colaboración de todos e cada un de nós.
Tag:A Guarda, contaxios, coronavirus, covid-19