Situación sanitaria por COVID-19
A día de hoxe, o Servizo Galego de Saúde, rebaixou o nivel de alerta de casos confirmados por PCR nos últimos 7 días, na Guarda, a nivel 2. Isto significa un número de positivos na última semana entre 14 e 21 casos.
O Servizo Galego de Saúde non comunica aos concellos os datos diarios de positivos pero polos datos aos que temos acceso gracias a colaboración do Centro de Saúde, os positivos nos últimos 7 días foron 18. Por este motivo se rebaixa o nivel de alerta.
Queremos recordar que os casos activos na Guarda a día de onte, 13 de novembro, eran de 68, un número moi elevado para unha poboación como a nosa. Isto quere dicir que, aínda que a evolución de contaxios vai mellorando non debemos confiarnos e temos que seguir mantendo todas as precaucións posibles.
Tag:A Guarda, coronavirus, covid-19