Concentración en repulsa do feminicidio de Viveiro
O Concello da Guarda súmase á condena do feminicidio acontecido esta semana en Viveiro.
Celebrarase unha concentración este sábado 21 de decembro ás 12:00 horas na Praza do Reló para mostrar o noso apoio á familiares e amigos da vítima, e a nosa tallante condena a calquera tipo de violencia machista.
Recordamos o número 016 para aquelas mulleres que están a sufrir violencia de xénero.