Contacontos infantil na Guarda para concienciar sobre a educación ambiental
Este 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Ambiental para concienciar ás persoas sobre a importancia de preservar e protexer o medio ambiente.
É fundamental coidar os recursos naturais do noso planeta para que as futuras xeracións poidan desfrutar e vivir nun mundo mellor. Con este obxectivo e centrándose nos máis pequenos, A Guarda organiza un “Contacontos medioambiental”.
A biblioteca acollerá este contacontos o sábado 1 de febreiro ás 11:30 horas, e estará baseado nos contos “Xardín velenoso” de Millie Flor; “Carlota e o sentido da vida” de Deborah Freedman; e “A árbore da escola” de Antonio Sandoval.
Ademais, durante esta semana preparase unha sección especial na biblioteca municipal da Guarda dedicada á educación medioambiental.