O venres ábrese o prazo para pedir citas para a renovación do DNI na Guarda
A partir do venres 31 de xaneiro pódese pedir cita para a renovación na Guarda do Documento Nacional Identidade (DNI).
O venres pódese pedir cita de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00. É obrigatorio ter cita previa para poder renovar o DNI o próximo venres 7 de febreiro.
Finalmente, o mércores 12 de febreiro será o día de recollida do DNI. Ademais, tamén deberán recollelo aquelas persoas que non puideron facelo no mes de xaneiro, debido a un erro informático a nivel nacional.



