‘De algo hai que morrer’ promete risas no Centro Cultural da Guarda este venres
A Guarda acolle de novo unha obra de teatro este venres 31 de xaneiro. O salón de actos do Centro Cultural abrirá o telón ás 21:00 horas.
“De algo hai que morrer” é un espectáculo con moito humor, reflexionando dun tema transcendental para o ser humano: A Morte. Dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, asesorarán sobre temas prácticos como negociar coas funerarias ou pasar o casting para converterse en espírito, pantasma ou zombi.
Esta función da compañía Malasombra chega da man de “+ESCÉNICAS”, o circuíto da Deputación de Pontevedra de apoio á programación de artes escénicas en galego.