A Deputación de Pontevedra subvenciona a adquisición de elementos de servizos urbanos
A Deputación de Pontevedra concedeu este ano unha subvención cunha dotación total de 13.084,21 euros ao Concello da Guarda, ao abeiro do Plan Concellos 2016, para a realización dun investimento en elementos de servizos urbanos.
A Corporación local destinou o importe da axuda á adquisición de contedores, papeleiras e elementos de sinalización, cuxo orzamento total quedou cuberto pola concesión da Deputación provincial.