Este sábado entregaranse os premios do Certame de Poesía Feliciano Rolán
O pasado 21 de xuño tiña lugar a reunión do xurado cualificador do XXXIII Certame de Poesía Feliciano Rolán no local da Agrupación Cultural Guardesa en presenza da Presidenta, Julia Sobrino, e outros membros da directiva.
Formaron parte deste xurado: Gloria Inés Vázquez Castro, Teresa Pereiro Ramos, Chuny Vázquez Vicente, Fátima Pérez Sobrino e Fernanda de Santiago Moure.
Unha vez iniciada a deliberación comentando o gran aumento de participación respecto a convocatorias anteriores, o xurado acordou premiar aos seguintes poetas:
1º Premio: María López Correa, de Vigo, polo poema “MARIÑEIRAS”.
2º Premio: Xoán Francisco Pérez Argibay, de Santiago de Compostela, polo
poema “O silencio abraza a ausencia infinita”.
3º Premio: Alfonso Barragán Rincón, de Cádiz, polo poema “Ese traje por
vestir”.
A entrega de premios será o vindeiro sábado día 29 de xuño ás 21:00h no Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda nun acto cultural poético que contará coas actuacións das Pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa e do Coro Arpegios.