Hoxe celébrase na Casa dos Alonso unha xornada de difusión sobre comunicades enerxéticas
A Casa dos Alonso acolle este mércores unha xornada de difusión sobre as comunidades enerxéticas no marco da Oficina de Transformación Comunitaria +Renovable da Deputación de Pontevedra.
A charla dará comezo ás 18:00h e dará a coñecer que é unha comunidade enerxética e o papel das administracións no seu desenvolvemento. O alcalde anima á veciñanza a acudir, xa que “é unha oportunidade para saber de novas formas sostibles coa mente cara un futuro cada vez máis comprometido co medio ambiente”.
Ademais, falarase dos servizos que ofrece a institución provincial a través da Oficina de Transformación Comunitaria da Deputación +Renovables, financiada con fondos Next Generation EU, que está situada no Centro de Servizos e Apoio Empresarial de Barro.
A oficina móbil de +Renovables está a percorrer a provincia para divulgar as vantaxes destas comunidades enerxéticas e tamén está a realizar acompañamento daquelas entidades interesadas en crear unha comunidade enerxética.
Axúdaselles a deseñar un proxecto de xeración, ben térmico ou eléctrico, para dar cobertura aos participantes na comunidade enerxética, e tamén préstase asesoramento económico sobre créditos e fórmulas de financiamento. Ademais realízanse informes previos de cara á implantación de comunidades enerxéticas, desde a análise de capacidade produtiva de enerxía ata estudos económicos, para coñecer a viabilidade financeira dos proxectos, ou informes legais e xurídicos.
Todas aquelas persoas ou entidades interesadas poden acudir hoxe ao Concello a partir das 18:00h para coñecer de primeira man sobre as comunidades enerxéticas.