(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda exalta a cultura de Galicia na fin de semana das Letras Galegas

    A Guarda exalta a cultura de Galicia na fin de semana das Letras Galegas

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Turismo
    • Date 16 Maio, 2018
    Traxe galego
    Literatura, gastronomía, mostras etnográficas e visitas guiadas conflúen na axenda cultural e de ocio dende o xoves ata o domingo.

    O Día das Letras Galegas comezará na Guarda unha intensa programación cultural e gastronómica orientada á exaltación da cultura galega e as súas letras que durará ata o domingo. A festa comezará na vila o 17 de maio, co tradicional festival folclórico organizado pola Agrupación Musical Guardesa (17:00 h) e a posterior entrega dos diplomas aos gañadores e gañadoras dos concursos de redacción e debuxo. Xa o venres, a programación continuará coa celebración da primeira fin de semana da ruta gastronómica «Tapearte», na que se ofertarán tapas elaboradas co mellor da nosa cociña a un prezo único de 2€. As elaboracións poderán degustarse os venres, sábados e domingos do 18 de maio ao 3 de xuño en 19 bares e restaurantes guardeses.

    O gran día de exaltación da cultura e a idiosincrasia galega será, con todo, 19 de maio, cando se celebrará a pasarela do traxe tradicional galego, organizado polo Concello da Guarda e a Asociación para a Recuperación do Traxe Galego. O espectáculo etnográfico celebrarase no recinto do Centro Cultural, onde preto dunha vintena de homes e mulleres da vila desfilarán amosando unha variada mostra das vestimentas tradicionais tanto galegas como especificamente guardesas. A pasarela acompañarase cunha explicación da composición e a historia de cada unha das pezas, aportadas pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

    De seguido, inaugurarase na sala de exposicións do Centro Cultural a X Exposición do Traxe Galego, organizada pola Asociación para a Recuperación do Traxe Galego da Guarda. A mostra permanecerá nas dependencias do emblemático edificio ata o 26 de maio, onde poderá visitarse en horario de mañá (10:00 a 13:00 horas) e tarde (18:00 a 21:00 horas) de luns a sábado. Os domingos, a exposición estará aberta ao público entre as 18:00 e as 21:00 horas. A música tamén terá cabida durante esta xornada, na que os grupos de folk Sete Tarabelos e Boa Vila actuarán polas rúas do municipio, amenizando a xornada a veciños, veciñas e visitantes.

    O mesmo sábado, ademais, aquelas persoas interesadas en coñecer máis polo miúdo A Guarda e a súa riqueza patrimonial, poderán facelo da mellor maneira: con visitas guiadas gratuítas ao Monte Santa Trega. Poderán realizarse tres percorridos: unha visita ao monte, incluíndo visita ao castro e ao MASAT (17:00 h); un percorrido específico polo castro (ás 11:00 e ás 16:00 h); e unha visita especial ao barrio Mergelina, co acompañamento do arqueólogo Rafael Rodríguez.

    A fin de semana concluirá na Guarda coa celebración da XI Feira do Libro, na que participarán cinco librarías da Guarda e a comarca con descontos do 20%. O festexo literario terá lugar na Praza do Reló entre as 11:00 e as 20:00 horas do domingo, cunha ampla programación de actividades lúdicas e actuacións musicais para todos os públicos.

    • Mostra do traxe galego
    • CARTEL Feira Do Libro 2018
    • «Tapearte 2018»
      IV Ruta Gastronómica «Tapearte»

     

    Tag:cultura, Festival, Letras Galegas, Traxe Galego, turismo, Visitas guiadas

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Bando: Obriga de limpeza e acondicionamento das fincas conforme á lexislación
    16 Maio, 2018

    Seguinte nova

    VI ruta gastronómica «Tapearte»: Gozar da mellor gastronomía da Guarda pode ter premio
    16 Maio, 2018

    Tamén te poden gustar

    • A Festa do Santísimo deste domingo encherá as rúas da Guarda de alfombras florais
      16 Xuño, 2025
    • Novo contacontos na Biblioteca Municipal para despedir o curso
      16 Xuño, 2025
    • A Guarda presenta un libro que recolles as postais da vila ata 1940
      13 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web