Máis dunha trintena de nenos e nenas gozaron da primeira sesión de “Contos Contados”
O sábado, 7 de novembro, celebrouse na Biblioteca Municipal da Guarda, a primeira sesión de “Contos Contados” organizada pola Concellería de Cultura.
Nesta ocasión foron máis de trinta rapaces e rapazas, moitos deles acompañados polos seus pais, os que asistiron a esta iniciativa.
A sesión de “Contos Contados” comezou ás 11 horas e se alongou ata ás 12,30 horas. Durante este tempo ademais de que a animadora contase o conto, os nenos e nenas tamén tiveron tempo para xogar relacionando o seu nome cun conto, respondendo ás preguntas sobre a historia ou pintando un debuxo sobre o conto.
Seguintes citas
As sesións de “Contos Contados” continuarán celebrándose o primeiro sábado de cada mes, así, a seguinte cita está organizada para o 5 de decembro.
Con esta iniciativa dende a Concellería de Cultura, e tamén Educación, dirixidas por Elena Baz, queren convidar aos nenos e nanas a achegarse á biblioteca municipal e ademais incentivar a lectura entre eles.