O Concello da Guarda solicita subvención á Deputación de Pontevedra para a contratación de 30 traballadores
O Concello da Guarda, dentro II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 da Deputación de Pontevedra, vai solicitar subvención para a contratación de 30 traballadores desempregados.
As características destas contratacións son as seguintes:
Contrato de 35 horas semanais categoría PEÓNS por un período de 2 meses. Inicio novembro de 2015.
Postos solicitados:
– 8 Peóns da Construción CÓDIGO: 96021013
– 3 Operarios de vehículos de limpeza viaria CÓDIGO: 83321151
– 2 Condutores de Camión, en xeral con permiso C1 CÓDIGO: 84321042
– 9 Varredores CÓDIGO: 94431016
– 6 Peóns forestais CÓDIGO: 95431028
– 2 Operarios do Punto Limpo CÓDIGO: 94421013
BENEFICIARIOS
Persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA e outros similares) e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.