No día de hoxe, xoves 7 de xuño, queda aberto o prazo para a presentación de instancias para o proceso selectivo para unha praza de persoal para a Oficina de información turística do Concello da Guarda.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, acudiron no día de onte ao acto de entrega das bandeiras azuis e as distincións de sendeiros azuis que tivo lugar na Praia de Bastiagueiro, …
Xa podes descargar o programa da XXVI Festa da Langosta e da cociña mariñeira que se vai celebrar na Guarda o 1, 2 e 3 de xullo.
A pesar da persistente ameaza de chuvia que fixo que a confección das tradicionais alfombras florais, que normalmente se empezan a facer na tardiña do sábado anterior, tivese que comezar sobre as seis da mañá do domingo, A Guarda puido …
O Concello da Guarda prepárase para vivir este sábado e domingo unha das súas fin de semanas grandes máis destacadas. Este domingo 29 de maio nas rúas da vila celebrarase a Festividade do Santísimo, coincidindo co día de Corpus.
Este xoves 26 de maio ás 12h. tivo lugar a presentación na Casa dos Alonsos da terceira edición da Ruta Gastronómica “Tapearte” que organiza o Concello da Guarda con motivo da realización, esta fin de semana, das alfombras florais tradicionais …
Neste mes de maio que está a piques de rematar, A Guarda preparouse para recibir a época estival cunha completa oferta de actividades culturais e gastronómicas encadradas na celebración, como en anos anteriores, do Maio Gastronómico e Cultural.
Este sábado, 14 de maio, terá lugar a derradeira xornada do Camiño a Santiago por etapas organizada Caminha-A Guarda e que están a realizar máis de 100 veciños dos dous concellos. Esta iniciativa comezou o pasado 5 de marzo como …
Este mércores día 11 de maio, ás 12 horas, reuníronse no Concello da Guarda os alcaldes e concelleiros de Turismo dos concellos pertencentes ó Camiño Portugués da Costa: A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, Vigo e Redondela.
O Concello da Guarda convoca ós alcaldes dos municipios do Camiño Portugués da Costa á unha reunión este mércores día 11 de maio, ás 12 horas, na casa dos Alonso (Praza do Reló, A Guarda).