O Concello da Guarda e Cruz Vermella aumentarán a súa colaboración este 2025
O alcalde Roberto Carrero, o Departamento de Servizos Sociais e de Medio Ambiente do Concello da Guarda, reuníronse coa Asamblea de Cruz Vermella no Baixo Miño.
Con esta colaboración levaranse a cabo novos proxectos e accións nestes ámbitos no 2025 na vila. No pasado ano, a Cruz Vermella xa atendeu a distintos colectivos que se atopan en situación de dificultade.
Algúns destes proxectos céntranse na educación e formación en medio ambiente ou en primeiros auxilios, no acompañamento e actividades para maiores, na prestación de Teleasistencia 24 horas, ou en informar sobre as oportunidades laborais.
Tamén dan soporte ás necesidades básicas das familias vulnerables, así como facilitara o acompañamento e a integración social dos inmigrantes no Baixo Miño.