O Concello da Guarda emite un bando solicitando a colaboración da cidadanía para manter en boas condicións as fincas e terreos
O Concello da Guarda acaba de emitir un bando recordando á cidadanía as obrigas que os propietarios de terreos, fincas e leiras teñen sobre a limpeza e o mantemento das mesmas.
Así, lémbrase que de acordo aos requerimentos da lexislación vixente deben, entre outras cousas, manter unhas óptimas condicións de seguridade, salubridade e accesibilidade antes do 30 de xuño de cada ano.
Dende o Concello faise unha chamada á colaboración de veciños e veciñas neste tema, xa que é especialmente importante de cara á defensa e prevención de incendios coa chegada do tempo máis seco e das altas temperaturas. Manter a Guarda limpa e segura é cousa de todos.