O Concello da Guarda mellora a recollida selectiva coa incorporación de novos contedores
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ven de adquirir novos contedores de lixo grazas a unha achega de 18.075,89€ do Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.
Deste xeito o Concello da Guarda ven de incrementar en 38 o número de contedores existentes no municipio, 13 deles metálicos cunha capacidade de 3 metros cúbicos e 25 de recollida traseira con 800litros de capacidade.
O Concello da Guarda continúa na senda de mellorar a taxa de recollida do lixo de xeito selectivo, propiciando diminuír a cantidade de residuos que se depositan nos contedores de lixo orgánico, favorecendo a reciclaxe e a separación dos diferentes tipos de residuos, cartóns, vidro e plásticos.