O Concello da Guarda organiza unha charla informativa sobre o picudo vermello das palmeiras
A cita é mañá, mércores, ás 18,30 horas, no Centro Cultural da vila
O Concello da Guarda organiza unha charla informativa sobre o picudo vermello que afecta ás palmeiras mañá, mércores 10 de febreiro, no Centro Cultural. O comezo é ás 18,30 horas.
Neste encontro, Técnicos de Agricultura da OAC informarán aos veciños e veciñas interesados, da maneira de minimizar o impacto deste fenómeno e dos métodos de control, ademais do protocolo a seguir para tratar os restos das palmeiras afectadas polo picudo vermello.