O patrulleiro Cabo Fradera da Armada Española recala na Guarda 13 anos despois
O patrulleiro Cabo Fradera da Armada Española recala na Guarda 13 anos despois. Farao este próximo mércores 26 de febreiro na Pasaxe, como escala na patrulla de vixilancia no Tramo Internacional do Río Miño (TIRM).
O buque estará aberto ao público en horario de 9:30 a 13:30 horas durante o día 26. Grazas a esta colaboración co Concello da Guarda, os colexios serán os primeiros invitados.
As visitas abarcarán un percorrido polo buque, no cal se poderá coñecer os equipos e as capacidades do patrulleiro, así como a súa dotación e a forma de vida a bordo.
O Cabo Fradera é o segundo buque máis antigo da Armada, tras o Juan Sebastián Elcano. É único na súa clase e realiza navegacións polo Miño desde hai máis de 60 anos.




